Cando todo o proceso de pensamento e escrita rematou, atopámonos cunhas preciosas cartas que tódolos nenos e nenas da escola dirixíanlle aos Magos e que formaron parte do mural de Nadal a carón dos diferentes monigotes que as familias foron enviando.
As familias como xa vimos noutra entrada compartiron con todos o traballo de nadal e sumáronse á celebración decorando en familia o logo do cole que luciu con todos os seus brilos na nosa entrada.
Entre tódolos monigotes, todos impresionantes, todos especiais e todos moi creativos (poidédelos ver na outra pestana adicada ás familias), destaca un moi especial, feito pola nosa compañeira Emma e a súa familia, adicado en especial ao noso aniversario.
Ningún comentario:
Publicar un comentario