Páginas
- Página principal
- MURAL DE PRESENTACIÓN
- AGASALLOS TODO O ANO
- AGASALLO. SAMAÍN: CABAZA E MURAL
- AGASALLOS: O MURAL DE PELUCAS
- AGASALLOS. NADAL: CARTAS E MONIGOTES
- AGASALLO: 50...TAMÉN EN INGLÉS
- AGASALLOS: 0 50 DE GANCHO.
- AGASALLO:VIGUESES DISTINGUIDOS
- AGASALLO: QUE É O PÁRROCO PARA TI?
- FAMILIAS: PRESENTACIÓNS
- FAMILIAS: O LOGO DO COLE
- FAMILIAS:EXPOSICIÓN ANTIGUA
- FAMILIAS: ENTREVISTAS
- FAMILIAS: ROTEIROS E LETRAS GALEGAS
- COÑECÉNDONOS: XEOLOCALIZACIÓN
- COÑECÉNDONOS:TOMANDO MEDIDAS
- COÑECÉNDONOS: DE QUE PASTA...?
- COÑECÉNDONOS:A MAQUETA DO COLE
- COÑECÉNDONOS: O NOSO ENTORNO CULTURAL
- COÑECÉNDONOS: SOMOS ARTISTAS
- NÓS COMPARTIMOS
- MURAL "1969. A PRENSA HAI 50 ANOS"
- DÍA DA POESÍA: POESÍA ESCOLAR
- LITERATURA E ESCOLA
- OS OUTROS ANIVERSARIOS
- 1969:LEMBRAMOS Á EIRUGUIÑA
- 1969: 50 ANIVERSARIO DA CHEGADA Á LÚA
- XORNAL MONOGRÁFICO
COÑECÉNDONOS: O NOSO ENTORNO CULTURAL
Como parte do noso coñecemento do entorno cultural fixemos parte do traballo centrado na toponimia. As aulas dos maiores tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man os estudos realizados por Anxo Rodriguez Lemos sobre "Toponimia do Val do fragoso. Santo André de Comesaña" no que puideron coñecer a orixe dos nomes dos lugares de Santo André e de moitas familias que alí viven. Tamén coñecemos tódolos elementos patrimoniais da zona. Con esta listaxe deseñamos a actividade dos roteiros nos que embarcamos as familias e que describimos noutra pestana.
Os maiores tamén fixeron un percorrido polos montes da contorna aprendendo como coidar o que é o noso maior tesouro.
O Xornal Don Moucho recolle estas dúas experiencias e tamén temos fotos da saída ao Monte Rego Loureiro.
SAÍDA AO ENTORNO
Tamén tivemos a oportunidade de coñecer de primeira man o traballo do grupo teatral da zona "Lohengrin". Este grupo ten a súa sede no noso barrio e por el foron pasando algúns antigos alumnos. Viñeron presentarnos a súa obra "A mirada das bolboretas " e fixeron que desfrutasemos moito coas súas trécolas.
TEATRO
A cita clásica anual de atletismo do Cross Párroco Don Camilo, que celebraba o seu 30 aniversario tamén foi un bó momento para compartir e gozar con tódalas familias do centro e moitas outras que se achegaron ata aquí.
CROSS
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario