COÑECÉNDONOS:TOMANDO MEDIDAS


TOMANDO MEDIDAS é o nome da segunda tarefa das carpetas do proxecto. Segundas peticións dos mouchiños, cada aula tiña que tomar medidas da súa aula e dalgun outro recunchiño do cole para preparar a feitura dunha maqueta. O obxectivo dos mouchiños era vivenciar unha experiencia matemática e poñela en relación cos elementos da vida diaria. Ademáis de fomentar  e desenvolver a nosa capacidade de observación e pensamento.
Desta volta foron os primeiros banzos das escaleiras que suben o piso superior os que nos permitiron expoñer e compartir o noso traballo.




A maiores...
os nenos e nenas de 4º elaboraron a súa experiencia facendo un cómic que incluiron tamén no Xornal Don Moucho. Aquí vemos algúns.


Ningún comentario:

Publicar un comentario