COÑECÉNDONOS: DE QUE PASTA...?
DE QUE PASTA ESTAMOS FEITOS? É a terceira tarefa que nos puxeron os mouchiños empeñados en que coñecesemos un pouquiño mellor o cole e facéndoo desta vez dende o punto de vista dos elementos que o compoñen. 10 destes elementos son os que desfilaron diante dos nosos ollos nas escaleiras do piso superior. En cada un dos murais circulares fomos contando cada quen a súa maneira que era e onde o podiamos atopar no cole. Tamén fixemos albiscamos tímidamente un pouquiño da súa composición química.
Como vedes tódolos cursos investigaron arreo e a maiores...
Os de 5 anos apreveitaron para facer un traballo sobre a reciclaxe.
Os de 3 anos aproveitaron para experimentar por si mesmos como se facía e que textura e características físicas tiña a escaiola.
Ningún comentario:
Publicar un comentario