Este blog pretende ofrecer unha ollada de conxunto sobre o traballo realizado no cole arredor do PDI do curso 2018-19, centrado no noso 50 aniversario, "Párroco 5.0. Coñecéndonos".
Ides ter daquela unha boa mostra de como se relacionan unhas actividades con outras e o significado e peso de cada unha delas. Estamos a organizar tódolos contidos do PDI Case está completo o relato, pero aínda fallan un par de cousiñas que enseguidiña subiremos. Podedes consultar as actividades de todo o curso tamén no noso blog de biblioteca Aguieira.
PÁRROCO 5.0
Páginas
- Página principal
- MURAL DE PRESENTACIÓN
- AGASALLOS TODO O ANO
- AGASALLO. SAMAÍN: CABAZA E MURAL
- AGASALLOS: O MURAL DE PELUCAS
- AGASALLOS. NADAL: CARTAS E MONIGOTES
- AGASALLO: 50...TAMÉN EN INGLÉS
- AGASALLOS: 0 50 DE GANCHO.
- AGASALLO:VIGUESES DISTINGUIDOS
- AGASALLO: QUE É O PÁRROCO PARA TI?
- FAMILIAS: PRESENTACIÓNS
- FAMILIAS: O LOGO DO COLE
- FAMILIAS:EXPOSICIÓN ANTIGUA
- FAMILIAS: ENTREVISTAS
- FAMILIAS: ROTEIROS E LETRAS GALEGAS
- COÑECÉNDONOS: XEOLOCALIZACIÓN
- COÑECÉNDONOS:TOMANDO MEDIDAS
- COÑECÉNDONOS: DE QUE PASTA...?
- COÑECÉNDONOS:A MAQUETA DO COLE
- COÑECÉNDONOS: O NOSO ENTORNO CULTURAL
- COÑECÉNDONOS: SOMOS ARTISTAS
- NÓS COMPARTIMOS
- MURAL "1969. A PRENSA HAI 50 ANOS"
- DÍA DA POESÍA: POESÍA ESCOLAR
- LITERATURA E ESCOLA
- OS OUTROS ANIVERSARIOS
- 1969:LEMBRAMOS Á EIRUGUIÑA
- 1969: 50 ANIVERSARIO DA CHEGADA Á LÚA
- XORNAL MONOGRÁFICO
25 de xuño de 2019
6 de dec. de 2018
COMEZAMOS UN NOVO PROXECTO
Este curso 2018-19 é moi importante para a nosa historia como cole porque no vindeiro 2019 cumplimos 50 anos...
50 anos adicados a educar nenos e nenas, adaptándonos progresivamente aos cambios da nosa sociedade e mesmo á educación. Moitos deses nenos e nenas marcharon e volveron onda nós convertidos en pais e nais, e un pouquiño despois en avós e avoas que aínda nos acompañan. Moita historia é a que todos eles e elas poden contar; historias dun tempo en que moitos dos que agora compoñemos a gran familia educativa non estabamos e nos gustaría moito coñecer.
De aí a razón de poñer en marcha este novo proxecto. Queremos saber cómo foi a nosa escola no pasado, quen pasou polas nosas aulas, como se foi transformando no que hoxe coñecemos. Queremos saber das emocións que se viviron no Párroco e das pegadas que foi deixando na vida de todos.
Ao mesmo tempo queremos facer unha viaxe ao noso entorno e o das familias que están connosco. A nosa viaxe vai ser unha viaxe histórica, física, xeográfica e cultural; e sobre todo emocional. 5 eidos nos que traballar mirando dende o pasado (o noso e o do mundo no que vivimos) cara un futuro moito máis tecnolóxico...de aí o título que lle demos ao noso proxecto... Párroco 5.0

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)