6 de dec. de 2018

COMEZAMOS UN NOVO PROXECTO

Este curso 2018-19 é moi importante para a nosa historia como cole porque no vindeiro 2019 cumplimos 50 anos...
50 anos adicados a educar nenos e nenas, adaptándonos progresivamente aos cambios da nosa sociedade e mesmo á educación. Moitos deses nenos e nenas   marcharon e volveron onda nós convertidos en pais e nais, e un pouquiño despois en avós e avoas que aínda nos acompañan. Moita historia é a que todos eles e elas poden contar; historias dun tempo en que moitos dos que agora compoñemos a gran familia educativa non estabamos e nos gustaría moito coñecer. 
De aí a razón de poñer en marcha este novo proxecto. Queremos saber cómo foi a nosa escola no pasado, quen pasou polas nosas aulas, como se foi transformando no que hoxe coñecemos. Queremos saber das emocións que se viviron no Párroco e das pegadas que foi deixando na vida de todos.
Ao mesmo tempo queremos facer unha viaxe ao noso entorno e o das familias que están connosco. A nosa viaxe vai ser unha viaxe histórica, física, xeográfica e cultural; e sobre todo emocional. 5 eidos nos que traballar mirando dende o pasado (o noso e o do mundo no que vivimos) cara un futuro moito máis tecnolóxico...de aí o título que lle demos ao noso proxecto... Párroco 5.0

Ningún comentario:

Publicar un comentario